close
Saltar ao contido

Providence, Rhode Island

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Providence»)
Providence, Rhode Island
 Nome orixinal
    Providence (en)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Providence (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
Implicados
 Xefe do goberno
 Fundador/a
 Ten en propiedade
Cycledrome (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1636 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   190.934 (2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   64.190 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
53,273967 km²
53,271881 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   23 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   10,5416 % Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal02901 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap191210 Editar o valor en Wikidata
VIAF99146153120505252227 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0c1d0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX5082361
Wikidata G:Commons C:Commons

Providence é a capital e a cidade máis grande do estado de Rhode Island, nos Estados Unidos, e unha das primeiras cidades en ser fundadas nese país.[1] Situada no condado de Providence, a cidade é a segunda máis grande de Nova Inglaterra. A poboación de Providence en 2010 era de 178 042 habitantes, mentres que a da súa área metropolitana era de 1 600 856 habitantes.

Antigamente levaba o sobrenome da «Colmea da industria», e comezou a promoverse como «a Capital Creativa» no 2009 para facer énfase nos seus recursos educativos e na súa comunidade artística.

Capitolio do estado de Rhode Island en Providence.

Providence foi fundada en 1636 por Roger Williams co nome de "Providence" (Providencia, en nome da guía e coidado de Deus), como refuxio para os disidentes relixiosos perseguidos. Está situada nun territorio que estaba baixo o dominio dos indios Narragansett, coñecido como "Baía Narragansett". Con todo, moitas partes de Providence foron queimadas durante un conflito entre os colonizadores ingleses e os indíxenas, a guerra do rei Philip entre 1675 e 1676.

Durante o cuarto século seguinte, o crecemento de Providence foi lento (1.446 habitantes en 1708), pero en 1730 había 3.916 habitantes. Nesta época, Providence converteuse nunha cidade de pesca e comercio marítimo. Logo da guerra da Independencia dos Estados Unidos, a economía chegou a outorgar máis importancia á manufactura.

Providence foi oficialmente establecida como unha cidade en 1831, e foi designada como unha das capitais de Rhode Island (xunto con Newport) en 1854, e en 1900 fíxose a capital exclusiva do estado.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo, a cidade ten unha área total de 112,7 quilómetros cadrados (43,5 mi²), da cal 99,7 quilómetros cadrados (38,5 mi²) é terra e 5,4 quilómetros cadrados (2,1 mi²) (o 10%) é auga.

Providence está fundada sobre sete outeiros.​[2] As mais prominentes son: Constitution Hill (preto do centro), College Hill (ao leste do río Providence), e Federal Hill (ao oeste do centro). As outras catro son Tockwotten Hill, Smith Hill, Christian Hill e Weybosset Hill.

Educación

[editar | editar a fonte]

O Distrito de Escolas Públicas de Providence (PPSD) xestiona as escolas públicas.

Universidades

[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]