Aecio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 390 Silistra |
| Morte | 21 de setembro de 454 (Gregoriano) Rávena |
| Causa da morte | homicidio |
| Cónsul romano | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |
| Período | Baixo Imperio Romano e Antigüidade tardía |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Imperio Romano de Occidente |
| Rama militar | Exército romano tardío |
| Rango militar | Magister militum |
| Participou no conflito | Batalha de Ravena (pt) batalla dos Campos Cataláunicos |
| Familia | |
| Cónxuxe | valor descoñecido Pelagia |
| Fillos | Carpilio, Aetia, Gaudentius |
| Pai | Flavio Gaudencio |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |
Flavio Aecio, (en latín, Aetius) nado en Durostorum, Mesia, no 396 e finado en Rávena o 21 de setembro do 454, foi un xeneral romano.
Orixinario da provincia de Moesia, era fillo do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.
Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.
Para a súa desgraza, esta gran vitoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454.[1][2] Posteriormente, a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aecio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heather, Peter (2005). La caída del imperio romano (en castelán). Barcelona: Crítica/Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-3049-9.
- Maier, Franz George (1986). Las transformaciones del mundo mediterráneo. Siglos III-VIII. Colección: Historia universal Siglo XXI (en castelán). Madrid: Editorial Siglo XXI. ISBN 968-23-0887-9.