close
Saltar ao contido

An Hyang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAn Hyang

Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo文成 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1243 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Corea Editar o valor en Wikidata
Morte1306 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

An Hyang (en hangeul: 안향; en hanja: 安珦), tamén coñecido como An Yu (en hangeul: 안유; en hanja: 安裕), nado en Yeongju (na actual Corea do Sur) en 1243 e finado o 12 de setembro de 1306, foi un influente erudito confuciano do clan Sunheung An, considerado o fundador do neoconfucianismo en Corea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

An Hyang naceu en Yeongju, no reino de Goryeo, en 1243. Dende pequeno, gozou lendo e escribindo, investigando e aprendendo. Aos 18 anos, aprobou os exames de acceso ao funcionariado, polo que foi nomeado censor. A continuación, foi trasladado á Academia Hanlin. O Goryeo daquel tempo fora invadido pola dinastía Yuan, de orixe mongol; tras a supresión da rebelión Sambyeolcho, o goberno decidiu trasladar a súa capital a Ganghwa.

Está considerado o introdutor do neoconfucianismo en Goryeo. An Hyang viaxou á China, onde transcribiu as obras de Zhu Xi, levando as súas copias e retratos de Confucio e Zhu Xi de volta a Corea. A súa intención era substituír o budismo coa súa versión do confucianismo.