A Boston Pops Orchestra (abreviada como Boston Pops) é unha orquestra sinfónica con sede en Boston, Massachusetts, que interpreta principalmente música clásica e música popular lixeira. Foi fundada en 1885 como filial da Boston Symphony Orchestra, que tiña catro anos máis. Aínda hoxe, a maioría dos músicos dos Boston Pops tamén son membros da Boston Symphony Orchestra. A orquestra leva o seu nome actual desde 1900.
O 11 de xullo de 1885, a Boston Pops, dirixida por Adolf Neuendorff, deron o seu primeiro concerto no "Boston Music Hall".
Despois de que os directores da Boston Pops cambiaran con frecuencia nas primeiras décadas, Arthur Fiedler asumiu a dirección da orquestra en 1930, cargo que ocuparía durante case 50 anos até o seu pasamento. En 1965, a Boston Pops gravou a banda sonora de Ship of Fools composta por Ernest Gold. En colaboración con RCA e Polydor, venderon preto de 50 millóns de discos. Unhas 400.000 persoas asistiron a un concerto en Boston o 4 de xullo de1976 para conmemorar o 200 aniversario da Declaración de Independencia dos Estados Unidos.[1]
Arthur Fiedler foi sucedido polo múltiple gañador dos OscarJohn Williams en 1980. Tamén gravaron numerosos CDs baixo a dirección de Williams. Despois da súa xubilación a finais de 1993, Williams foi nomeado director honorario.[2]
En 1993, Keith Lockhart asumiu a dirección dos Boston Pops. Baixo o seu liderado, a Boston Pops realizou 1.800 concertos, a maioría en Boston, pero tamén en 35 Estados dos EUA, así como no Xapón e Corea do Sur. Tamén actuaron en grandes eventos deportivos, incluíndo a Super Bowl XXXVI en 2002, as finais da NBA en 2008 e varios eventos dos Boston Red Sox. Tamén gravaron oito álbums, dous deles nomeados aos Grammy.[3]