close
Saltar ao contido

Cadeira Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadeira Barcelona
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Barcelona chair (en) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Altura75 cm Editar o valor en Wikidata
Anchura75 cm Editar o valor en Wikidata
Espesor30 pulgadas Editar o valor en Wikidata
Fondo75 cm Editar o valor en Wikidata
Masa49 lb Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Creador/a
 Deseñador/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
1929 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Colección
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02l58_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A cadeira Barcelona é unha cadeira deseñada por Lilly Reich e Ludwig Mies van der Rohe,[1][2] para ser colocada no Pavillón Alemán creado para a Exposición Internacional de 1929 en Barcelona.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase dun moble con estrutura de aceiro inoxidable pulido e asento e respaldo de pel. Lembra a sella curulis, as cadeiras utilizadas polos maxistrados romanos, e tamén se converteu rapidamente nun obxecto paradigmático da arquitectura moderna.[3] A construción da cadeira é moi artesanal e producíronse moitas imitacións. Os orixinais levan na pintura a sinatura de Mies van der Rohe e o logotipo de Knoll, a empresa que ten a licenza de fabricación.

Aínda que moitos arquitectos e deseñadores de mobles da época da Bauhaus tiñan a intención de proporcionar vivendas ben deseñadas e mobles impecablemente elaborados para o "home común", a cadeira de Barcelona foi unha excepción. Foi deseñado para a realeza española para supervisar as cerimonias de inauguración da exposición, descrita pola revista Time como un "habitante suntuoso do pavillón alemán".[4]

Image
Unha reprodución da orixinal na que se pode ver o otomá.

Dende 1953, Knoll Inc continuou fabricando o asento. Realizan o marco en dúas configuracións diferentes de aceiro cromado e aceiro inoxidable. A cadeira está feita case na súa totalidade a man. As reproducións non autorizadas proliferan en todo o mundo e véndense baixo varias marcas.[5]

Pavillón Alemán

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Pavillón alemán de Barcelona.

Este edificio, de formas sinxelas, feito con materiais luxosos como o mármore travertino, é un dos monumentos máis emblemáticos da arquitectura moderna do século XX. Foi estudado e interpretado exhaustivamente, inspirando o traballo de varias xeracións de arquitectos. O edificio foi desmantelado ao remate da Exposición Internacional de 1929 e reconstruído en 1986 na súa localización orixinal. A cadeira Barcelona está exposta no Pavillón, xunto cunha reprodución en bronce da escultura Morning de Georg Kolbe. Unha cortina vermella e unha alfombra negra son os outros elementos do interior do pavillón cos que se combina o mobiliario, combinados co mármore amarelado da parede, debuxan as cores da bandeira alemá.

  1. "Association of Women Industrial Designers: Lilly Reich". core77.com. Arquivado dende o orixinal o 2013. Consultado o 2022.
  2. "Lilly Reich: Designer and Architect". moma.org. Consultado o 2022.
  3. "la Cadira Barcelona". arquitphp.cultura.gencat.cat. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2012.
  4. "Art: Architects' Furniture". time.com. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2012.
  5. "Barcelona Chair and Stool Ludwig Mies van der Rohe" (PDF). knoll.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012. Consultado o 2012.