close
Saltar ao contido

Ciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciano
Image
 Instancia de
 Subclase de
 Precedido por
 Sucedido por
Códigos de cor
 Cor hexadecimal sRGB
00FFFF Editar o valor en Wikidata
 Cor CSS
cyan Editar o valor en Wikidata
Propiedades
 Lonxitude de onda
500 nm Editar o valor en Wikidata
 Frecuencia
599000000000000 Hz Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01tt1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC122776584 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O ciano[1] é unha das cores primarias chamadas subtractivas xunto co amarelo e o maxenta. A súa tonalidade é azul clara e o seu nome vén do grego ciano.

No campo das artes gráficas forma parte do sistema de cuadricromía, ou proceso composto por ciano, maxenta, amarelo e negro ou key. O sistema é coñecido polas iniciais en inglés CMYK. Nos comezos deste sistema de impresión a toda cor, os operadores de prensas utilizaron a cor negra de cuadricromía como modelo para rexistrar ou facer coincidir as cores restantes e lograr o efecto multicolor que xorde de mesturar as catro en diferentes proporcións, por exemplo: ó mesturar un 100% de ciano cun 100% de maxenta obtense un azul parecido ó índigo, pero ó reducir a porcentaxe dun, outro ou ambos, resultarán distintos tons de violeta e azul.

O azul de ciano ou cyan, tamén é coñecido na paleta da pintura ó óleo como azul cerúleo, pero non foi ata mediados do século XX co desenvolvemento da Halftone color synthesis que o azul ciano tivo un papel preponderante na industria gráfica e editorial.

En artes plásticas á cor ciano chámaselle tamén "turquesa" e nalgúns casos "auga-mariña". facendo alusión á cor azul-verdosa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]