close
Saltar ao contido

Décatlon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Décatlon
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Practicado por
decatleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bypt Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Décatlon[1] é unha competición de atletismo composta por dez probas, que se disputan en dous días. Nos Xogos Olímpicos, é exclusivamente practicada por homes, figurando por primeira vez no programa en 1904, mentres que as mulleres compiten en héptatlon. Consta das seguintes probas:

1º día

2º día

Entre proba e proba haberá, cando sexa posíbel, un intervalo de media hora, e dez horas entre a última proba do primeiro día e a primeira do segundo.

O atleta que non intente tomar unha saída ou facer unha tentativa en concursos non poderá continuar, considerándose que abandona a competición.

Os competidores reciben puntos pola súa actuación en cada unha das probas, de acordo cunha táboa elaborada pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) e que periodicamente se modifica, para adaptala á evolución dos récords mundiais.

O décatlon ten a súa orixe no péntatlon dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, introducido nos Xogos do 708 a.C., e foi reintroducido no programa olímpico das Olimpíadas Modernas de 1904 celebradas en Saint Louis, onde competiron sete atletas en representación de Gran Bretaña e dos Estados Unidos.

Estivo ausente na seguinte edición, Londres 1908, e volveu nos Xogos Olímpicos de 1912, en Estocolmo, onde se disputou coa actual configuración, sendo vencedor o americano Jim Thorpe, que mereceu do Rei Gustavo V de Suecia o cualificativo de "maior atleta do mundo", como dende aquela se coñece aos gañadores desta competición.

Sistema de puntos

[editar | editar a fonte]

A táboa de puntos IAAF 2001 emprega a seguinte fórmula:

  • Puntos = INT(A*(B-P)C) para eventos de pista.
  • Puntos = INT(A*(P-B)C) para eventos de campo.

A, B e C son parámetros que varían dependendo da disciplina, como reflicte a seguinte táboa, mentres que P é a marca obtida polo atleta, medida en segundos (eventos de pista), metros (lanzamentos), ou centímetros (saltos).

EventoABC
100 m25.4347181.81
Salto de lonxitude0.143542201.4
L. Peso51.391.51.05
Salto de altura0.8465751.42
400 m1.53775821.81
110 metros obstáculos5.7435228.51.92
L. Disco12.9141.1
Salto con pértega0.27971001.35
L. xavelina10.1471.08
1500 metros0.037684801.85
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para décatlon.