close
Saltar ao contido

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «JONS»)
 Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista
Imaxe da bandeira
Logotipo
 Instancia de
 Nome orixinal
Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (es) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
¡Arriba los valores hispánicos!
¡España Una, Grande y Libre! Editar o valor en Wikidata
Características
 Posición política
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
 Órgano de prensa
Datas
 Fundación / creación
outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
febreiro de 1934 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF122588139 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000084982494 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/091g_2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX123844
Wikidata C:Commons
Image
O xugo e as frechas constituían o símbolo das JONS

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS, en galego: Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista) foi un partido nacional-sindicalista español. Fundado o 10 de outubro de 1931 ó fusionarse o grupo arredor da revista La Conquista del Estado de Ramiro Ledesma Ramos coa Junta Castellana de Actuación Hispánica de Onésimo Redondo.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A JONS foi unha moi pequena organización con certa influencia entre os estudantes universitarios en Madrid e entre os traballadores e agricultores de Valladolid. Tiña como símbolo o xugo e as frechas que pasarían a formar parte do escudo de España durante o franquismo.

En 1933 a JONS experimentou un período de expansión, comezou a editar unha publicación de igual nome que o partido e fundou un sindicato agrario afín que afirmaba ter 175 seccións locais e 3.000 membros. Nese ano, Ledesma Ramos regresou do seu exilio en Portugal e principiou a publicación da revista Libertad e outras publicacións locais, entre elas Unidad en Galicia.

En 1934, JONS uniuse con Falange Española de José Antonio Primo de Rivera para formar a Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista. Ledesma Ramos acabaría abandonando a FE-JONS e Onésimo Redondo intentaría refundar a JONS sen éxito.

Considerada a primeira organización nacional revolucionaria polo mantemento da necesidade da revolución que acabase co sistema capitalista e conquistase o poder para realizar unha transformación social, tiña moitas coincidencias co nacionalsocialismo alemán pero diferenciábao o seu carácter católico e a nula incidencia do racismo no seu discurso político, predominando o concepto de hispanidade.

Durante a transición existiu un pequeno grupo con este nome pero nin xurídica nin historicamente ten relación coa JONS primixenia a pesar de afirmar ser a continuadora histórica.

As JONS en Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia, o partido formou os seus primeiros núcleos xa en 1931, en Santiago de Compostela encabezado por Santiago Montero Díaz e Manuel Souto Vilas e na Coruña liderado primeiro por Enrique Sáez Alfeirán e despois por Juan Canalejo.

  1. Sesma (2012), p. 56

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sesma Landrin, Nicolás (2012). "La dialéctica de los puños y de las pistolas": una aproximación a la formación de la idea de estado en el fascismo español (1931-1945)". Historia y política: Ideas, procesos y movimientos sociales (en castelán) (27): 51–82. ISSN 1575-0361. doi:10.18042/hp.