close
Saltar ao contido

Joel Barlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoel Barlow
Image
(1805) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1754 Editar o valor en Wikidata
Redding Editar o valor en Wikidata
Morte26 de decembro de 1812 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Żarnowiec Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreat Pasture Road Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónDartmouth College
Universidade Yale Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, diplomático, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
NaiEsther Barlow (Hull) Editar o valor en Wikidata
IrmánsAaron Barlow Editar o valor en Wikidata
Sinatura Image Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
The Nuttall Encyclopædia >>>:Barlow, Joel Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 83483 WikiTree: Barlow-2443 Find a Grave: 7372842 Editar o valor en Wikidata

Joel Barlow, nado en Redding (Connecticut) o 24 de marzo de 1754 e finado en Zarnowiec o 24 de decembro de 1812, foi un poeta e político americano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse en Yale en 1778 e durante dous anos realizou estudos de posgrao, ata que en setembro de 1780 uniuse a unha brigada de Massachusetts. En 1783 establécese en Hartford e alí fundou en xullo de 1784 o semanario American Mercury.

En Hartford foi membro dun grupo de escritores novos coñecidos como Hartford Wits na historia da literatura americana, entre eles estaban Lemuel Hopkins, David Humphreys e John Trumbull. En 1787 publicou un longo e ambicioso poema, The Vision of Columbus, que lle deu unha considerable reputación literaria.

En 1788 trasladouse a Francia como axente da compañía Scioto Land Company, dedicada a vender terras e atraer emigrantes para os Estados Unidos, non está claro se Barlow coñecía o carácter fraudulento da compañía, pero en París asume posicións políticas radicais. Viviu tamén en Londres, onde publicou o ensaio Advice to the Privileged Orders (1792) prohibido polo goberno británico.

En 1792 concedeuselle a cidadanía francesa. En 1793 publicou Hasty Pudding. Entre 1795 e 1797 foi cónsul americano en Alxer e negociou un tratado con Trípoli. En 1805 volveu aos Estados Unidos ata que en 1811 regresa a Francia como plenipotenciario norteamericano co encargo de negociar un tratado comercial con Francia e a devolución ou a indemnización polas propiedades confiscadas aos americanos despois da Revolución francesa. Morreu durante a retirada das tropas francesas, mentres tentaba entrevistarse con Napoleon.