Ponte terrestre
| Ponte terrestre | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||

En bioxeografía, unha ponte terrestre (de terra ou continental) é un istmo ou conexión terrestre ampla entre áreas que estaban separadas, a través da cal os animais e plantas puideron cruzar e colonizar novas terras. Algunhas migracións humanas prehistóricas puideron verse facilitadas por pontes terrestres. Unha ponte terrestre pode crearse como efecto dunha regresión mariña, na cal baixa o nivel do mar, expoñendo zonas pouco profundas antes mergulladas da plataforma continental; ou cando a tectónica de placas fai emerxer novas terras (montañas, cadeas de illas); ou algunhas veces cando se produce unha elevación do terreo como resultado do rebote posglacial despois dunha era glacial.
Exemplos salientables
[editar | editar a fonte]

Antigas pontes terrestres
[editar | editar a fonte]- A chaira de Bass, que unía Australia a Tasmania.[2]
- A ponte terrestre antártica, que conectaba a Antártida, Australia e América do Sur durante o Cretáceo tardío e Paleoxeno temperán. A súa desaparición cambiou as correntes mariñas e provocou a conxelación da Antártida.[3]
- A ponte terrestre de Bering (Berinxia), que intermitentemente conectaba Alasca (América do Norte) con Siberia (Norte de Asia) conforme o nivel do mar subía ou baixaba cos efectos das eras glaciares.[4][5]
- GAARlandia, unha hipotética ponte terrestre que quizais conectou as Grandes Antillas con América do Sur durante o Eoceno tardío ou o Oligoceno temperán.[6][7]
- Pontes terrestres do Xapón, varias pontes terrestres que conectaban o Xapón con Rusia e Corea en varios momentos da historia xeolóxica.[8]
- Ponte terrestre de De Geer, unha ruta que conectaba Fennoscandia co norte de Groenlandia.[9]
- Doggerland, unha antiga masa de terra no sur do mar do Norte que comunicaba a illa de Gran Bretaña coa Europa continental durante a última era glacial.[10][11]
- A ponte terrestre de Thule, unha ponte terrestre desaparecida entre as Illas Británicas e Groenlandia.[12]
- A ponte de terra de Sahul, entre a moderna Nova Guinea e cabo York (Australia).[13][14]
- Sondalandia, unha área de 1.800.000 km2 que conectaba as illas do sueste asiático en varios puntos durante os últimos 2,6 millóns de anos.[15][16]
Pontes terrestres actuais
[editar | editar a fonte]
- A ponte de Adán (tamén coñecida como Rama Setu), unha serie de bancos moi pouco profundos que conectan a India con Sri Lanka.
- O istmo de Panamá, cuxa aparición hai tres millóns de anos permitiu o Gran intercambio biótico americano entre América do Norte e do Sur.[1]
- A península do Sinaí, que une África e Eurasia.
Teoría das pontes terrestres
[editar | editar a fonte]
A finais do século XIX e principios do XX, as pontes terrestres desapaecidas eran unha explicación das afinidades observadas entre plantas e animais de localizacións afastadas separadas por océanos. Científicos como Joseph Dalton Hooker sinalaron a existenica de desconcertantes semellanzas xeolóxicas, botánicas e zolóxicas entre áreas moi separadas, e popuxo que existiran pontes terrestres entre determinadas masas de terra que permitían que as especies se espallasen por todas as masas de terra conectadas.[17][18] En xeoloxía, o concepto foi proposto primeiramente por Jules Marcou en Lettres sur les roches du Jura et leur distribution géographique dans les deux hémisphères ("Cartas sobre as rochas do Xura e a súa distribución xeográfica nos dous hemisferios"), 1857–1860.[18]
As pontes terestres que se hipotetizaban daquela eran as seguintes:[18]
- Archatlantis desde as Antillas ao norte de África.
- Archhelenis desde o Brasil ao sur de África.
- Archiboreis no norte do Atlántico.
- Archigalenis desde América Central pasando por Hawai e ata o noroeste de Asia.
- Archinotis desde América do Sur á Antártida.
- Lemuria no océano Índico.
A teoría da deriva continental de Alfred Wegener deu unha explicación alternativa que non requiría a existencia de pontes terrestres.[19] Wegener explicaba a presenza de fósiles similares en estratos antigos de continentes hoxe separados por grandes océanos como India, Antártida e América do Sur, dicindo que nesa época os continentes estaban unidos formando un gran conxunto continental chamado Panxea. Pero os contrarios á deriva continental aduciron que existiran pontes continentais no Índico e no Atlántico que permitiran que os seres vivos pasasen dun continente a outro. A deriva continental non foi completamente aceptada ata que se dsenvolveu a tectónica de placas a inicios da década de 1960, que explicaba de maneira máis completa e exacta o movemento dos continentes no tempo xeolóxico.[20][21]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Webb, S. David (23 de agosto de 2006). "The Great American Biotic Interchange: Patterns and Processes". Annals of the Missouri Botanical Garden 93 (2): 245–257. doi:10.3417/0026-6493(2006)93[245:TGABIP]2.0.CO;2.
- ↑ Lourandos, Harry (marzo de 1993). "Hunter-Gatherer Cultural Dynamics: Long- and Short-Term Trends in Australian Prehistory". Journal of Archaeological Research 1 (1): 67–88. JSTOR 41053069. doi:10.1007/bf01327162.
- ↑ van den Ende, Conrad; White, Lloyd T.; van Welzen, Peter C. (2017-04-01). "The existence and break-up of the Antarctic land bridge as indicated by both amphi-Pacific distributions and tectonics". Gondwana Research 44: 219–227. ISSN 1342-937X. doi:10.1016/j.gr.2016.12.006.
- ↑ Hopkins DM. 1967. Introduction. En: Hopkins DM, editor. The Bering land bridge. Stanford: Stanford University Press. pp. 1–6.
- ↑ Hoffecker, John F.; Elias, Scott A.; O'Rourke, Dennis H.; Scott, G. Richard; Bigelow, Nancy H. (2016). "Beringia and the global dispersal of modern humans". Evolutionary Anthropology: Issues, News, and Reviews 25 (2): 64–78. PMID 27061035. doi:10.1002/evan.21478.
- ↑ Ali, Jason R. (2012). "Colonizing the Caribbean: is the GAARlandia land-bridge hypothesis gaining a foothold?". Journal of Biogeography 39 (3): 431–433. Bibcode:2012JBiog..39..431A. doi:10.1111/j.1365-2699.2011.02674.x.
- ↑ Ali, Jason R.; Hedges, S. Blair (17 de agosto de 2021). "Colonizing the Caribbean: New geological data and an updated land-vertebrate colonization record challenge the GAARlandia land-bridge hypothesis". Journal of Biogeography 48 (11): 2699–2707. Bibcode:2021JBiog..48.2699A. doi:10.1111/jbi.14234.
- ↑ Millien-Parra, Virginie; Jaeger, Jean-Jacques (1999). "Island Biogeography of the Japanese Terrestrial Mammal Assemblages: An Example of a Relict Fauna". Journal of Biogeography 26 (5): 959–972. JSTOR 2656237. doi:10.1046/j.1365-2699.1999.00346.x.
- ↑ Brikiatis, Leonidas (8 de abril de 2014). "The De Geer, Thulean and Beringia Routes: Key Concepts for Understanding Early Cenozoic Biogeography". Journal of Biogeography (Wiley Online Library) 41 (6): 1036–1054. doi:10.1111/jbi.12310. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ Walker, James; Gaffney, Vincent; Fitch, Simon; Muru, Merle; Fraser, Andrew; Bates, Martin; Bates, Richard (decembro de 2020). "A great wave: the Storegga tsunami and the end of Doggerland?". Antiquity 94 (378): 1409–1425. ISSN 0003-598X. doi:10.15184/aqy.2020.49.
- ↑ Hoebe, P.W.; Cohen, K.M.; Busschers, F.S.; van Heteren, S.; Peeters, J.H.M. (xuño de 2024). "Early Holocene inundation of Doggerland and its impact on hunter-gatherers: An inundation model and dates-as-data approach". Quaternary International (en inglés) 694: 26–50. Bibcode:2024QuInt.694...26H. doi:10.1016/j.quaint.2024.05.006. hdl:11370/4c1b0dfe-8b5f-4bda-8788-6af941ce1b36.
- ↑ Maria Hlynska, Leroy Leggitt, Alexey A. Kotov (xaneiro de 2015). "Miocene Cyclopid Copepod from a Saline Paleolake in Mojave, California". Consultado o 18 de xullo de 2021.
- ↑ Coller, Matthew (2007). "SahulTime". Monash University. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021.
- ↑ Coller, Matthew. "SahulTime: interactive visualisation of ancient Australia". temporalearth.net. Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ Wang, Pinxian (1999-03-15). "Response of Western Pacific marginal seas to glacial cycles: paleoceanographic and sedimentological features". Marine Geology 156 (1–4): 5–39. Bibcode:1999MGeol.156....5W. doi:10.1016/S0025-3227(98)00172-8.
- ↑ Hanebuth, Till; Stattegger, Karl; Grootes, Pieter M. (2000). "Rapid Flooding of the Sunda Shelf: A Late-Glacial Sea-Level Record". Science 288 (5468): 1033–1035. Bibcode:2000Sci...288.1033H. JSTOR 3075104. PMID 10807570. doi:10.1126/science.288.5468.1033.
- 1 2 Winkworth, Richard C. (2010). "Darwin and dispersal". Biology International 47: 139–144.
- 1 2 3 Corliss, William R. (xuño de 1975). Mysteries Beneath the Sea. Apollo Editions. ISBN 978-0815203735. Capítulo 5: "Up-and-Down Landbridges".
- ↑ Holmes, Arthur (18 de abril de 1953). "Land Bridges or Continental Drift?" (PDF). Nature: 669–671.
- ↑ Le Pichon, Xavier (15 de xuño de 1968). "Sea-floor spreading and continental drift". Journal of Geophysical Research 73 (12): 3661–97. Bibcode:1968JGR....73.3661L. doi:10.1029/JB073i012p03661.
- ↑ Mc Kenzie, D.; Parker, R.L. (1967). "The North Pacific: an example of tectonics on a sphere". Nature 216 (5122): 1276–1280. Bibcode:1967Natur.216.1276M. doi:10.1038/2161276a0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ernest Ingersoll (1920). "Land-Bridges Across the Oceans". Encyclopedia Americana.