close
Saltar ao contido

Refree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRefree

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRefree Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical, guitarrista, compositor, empresario, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webraulrefree.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2213575 Facebook: raulfernandezrefree Instagram: raulrefree MySpace: refree BNE: XX5060004 Bandcamp: refree Musicbrainz: 0a797765-7506-43ac-8f75-b9e4132b31d6 Songkick: 334271 Discogs: 2888352 Allmusic: mn0003621815 Editar o valor en Wikidata

Raül Fernández Miró coñecido como Raül Refree , nado en Barcelona o 21 de outubro de 1976 é un un compositor catalán con discos destacados como Nones (Acuarela, 2003), La otra mitad (Glitterbeat/tak:til, 2018), El espacio entre (Glitterbeat/tak:til, 2023), Los Ángeles (Universal Music Spain, 2017; con Rosalía Vila) ou Granada (Universal Music Spain, 2014; con Sílvia Pérez Cruz). Así mesmo é un produtor musical de sona, traballou con Lee Ranaldo, Guitarricadelafuente, Rodrigo Cuevas, Kiko Veneno e C. Tangana, entre moitos outros artistas, proxectos que o fixeron merecedor de dous Latin Grammy.[1] A variedade e calidade das súas composicións levárono a gañar o Premio Ciutat de Barcelona en 2008. Como compositor tamén traballou no mundo cinematográfico, onde destacan as bandas sonoras de La Mesías (Javier Ambrossi e Javier Calvo, 2023) ou de Un año, una noche (Isaki Lacuesta, 2022), recoñecida co Premio Gaudí á mellor banda sonora en 2023. Nesa área tamén exerce como actor en películas como Muyeres (Marta Lallana, 2023).[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Lee Ranaldo & Raül Refree, Names of North End Women (Mute, 2020)

[editar | editar a fonte]

Names of North End Women é un álbum colaborativo de Lee Ranaldo, antigo membro de Sonic Youth, e do guitarrista experimental e produtor catalán Raül Refree. Publicado por Mute o 21 de febreiro de 2020, o disco consta de oito pezas e ten unha duración aproximada de 45 minutos. A obra continúa a relación artística iniciada arredor de Electric Trim, mais preséntase xa como un proxecto a dúo. O álbum combina spoken word, electrónica, percusión, loops, tratamentos de guitarra e estruturas experimentais.

A canción que dá título ao álbum, inspirada nunha experiencia de Ranaldo mentres camiñaba por un barrio do North End de Winnipeg onde todas as rúas levaban nomes de mulleres, explora segundo a crítica ritmos africanos exóticos mediante percusións entrechocantes, electrónica zuninte e un coro salmodiado.[3]

  1. "Raül Refree CCCB". Consultado o 07 de maio de 2026.
  2. "Muyeres 2023". Consultado o 07 de maio de 2026.
  3. "LEE RANALDO AND RAÜL REFREE CREATE AN EERILY EXPERIMENTAL SOUND WITH ‘NAMES OF NORTH END WOMEN’". Consultado o 07 de maio de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]