close
Saltar ao contido

STS-110

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-110
Lanzamento da misión STS-110
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de abril de 2002, 20:44 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,82 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso19 de abril de 2002[6]
NSSDC ID2002-018A

STS-110 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de abril de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-110, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Michael J. Bloomfield, o piloto Stephen N. Frick e os especialistas de misión Jerry L. Ross, Steven L. Smith, Ellen Ochoa, Lee M. E. Morin e Rex J. Walheim. O voo marcou o sétimo voo de Ross, convertíndoo na persoa en voar máis veces ao espazo.[3][5][6][7]

O transbordador levaba a bordo a viga S0, que con 13 m de longo e 13,5 toneladas de masa foi a primeira da estrutura principal (de 110 m de longo) que máis tarde soportaría os paneis solares e os radiadores. Necesitáronse catro paseos espaciais para extraer a viga mediante o brazo robótico e instalala na estación. Durante a misión tamén se transferiron experimentos e subministracións entre o transbordador e a estación.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 19 de abril de 2002.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 110" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 2. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 110" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-110 / ISS-8A" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-110" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-110" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]