Testament
| Testament | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Testament é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Berkeley (California).[1] Formada en 1983 co nome Legacy, a día de hoxe o grupo está composto polo vocalista Chuck Billy, os guitarristas Eric Peterson e Alex Skolnick, o baixista Steve Di Giorgio e o batería Chris Dovas. Nos seus anos de carreira Testament tivo numerosos cambios na súa formación, e Peterson vén sendo o seu único membro constante. Billy substituíu o antigo cantante Steve Souza en 1986, antes da gravación do seu primeiro álbum de estudio, The Legacy, e foi membro da banda dende entón. Billy e Peterson son os únicos que aparecen en todos os álbums de Testament. A banda lanzou catorce álbums de estudio (un dos cales é unha colección de cancións regravadas), catro álbums en directo, cinco álbums recompilatorios, trece sinxelos e tres DVD. Estímase que venderon máis de 1,4 millóns de álbums nos Estados Unidos desde o comezo da era SoundScan,[2][3] e máis de 14 millóns de copias en todo o mundo ata 2016.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| The Legacy | 1987 | Atlantic, Megaforce |
| The New Order | 1988 | Atlantic, Megaforce |
| Practice What You Preach | 1989 | Atlantic, Megaforce |
| Souls of Black | 1990 | Atlantic, Megaforce |
| The Ritual | 1992 | Atlantic, Megaforce |
| Low | 1994 | Atlantic, Megaforce, Burnt Offerings |
| Demonic | 1997 | Burnt Offerings |
| The Gathering | 1999 | Burnt Offerings, Spitfire |
| The Formation of Damnation | 2008 | Nuclear Blast |
| Dark Roots of Earth | 2012 | Nuclear Blast |
| Brotherhood of the Snake | 2016 | Nuclear Blast |
| Titans of Creation | 2020 | Nuclear Blast |
| Para Bellum | 2025 | Nuclear Blast |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Decibel (ed.). "Legacy of Kings". Archived from the original on 21 de setembro de 2010. Consultado o 30 de abril de 2017.
- ↑ Graff, Gary (2012-07-30). "Testament Digs In With “Dark Roots Of Earth”". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-02-17.
- ↑ "Testament Sepultura Prong - Gas Monky Live - DFW Undercover". DFW Undercover (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2017. Consultado o 2026-02-17.
- ↑ Layland, Edward (2016-10-27). "Album Review: Testament - Brotherhood of the Snake". Already Heard (en inglés). Consultado o 2026-02-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Testament |