close
Saltar ao contido

The Hunger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hunger
 Instancia de
 Título
The Hunger (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Características
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de distribución
Obras
 Ambientado en
 Época ambientación
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
29 de abril de 1983 (Estados Unidos de América, Canadá)
17 de xuño de 1983 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración93 min e 94 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo10000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación5979292 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0001-2D86-0000-L-0000-0000-B Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/049r46 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
52/100 Metacritic (23 de xaneiro de 2024)
5.7/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021)
55% Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0085701 Filmaffinity: 468752 Allocine: 30460 Rottentomatoes: m/the_hunger Mojo: hunger Allmovie: v23876 TCM: 219 Metacritic: movie/the-hunger TV.com: movies/the-hunger-1983 Netlix: 70005151 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Hunger é un filme estadounidense e inglés de 1983 encadrado dentro do cine de terror. É un conto de amor entre unha doutora (Susan Sarandon) e unha parella de vampiros (Catherine Deneuve e David Bowie).

O filme é unha adaptación dunha novela co mesmo nome de Whitley Strieber, feito cun guión de Ivan Davis e Michael Thomas. Para o director, Tony Scott, foi a súa opera prima.

The Hunger non foi especialmente ben recollida pola crítica, por ter pouco argumento e pouco ritmo[1], mais é unha película de culto dentro do mundo gótico, que incluso se copiou en diversas series.

No inicio do filme podemos escoitar a canción "Bela Lugosi's Dead" do grupo musical Bauhaus.

Miriam Blaylock (Catherine Deneuve) é unha fermosa pero perigosa criatura inmortal que se alimenta da vida dos humanos. Casou con John (David Bowie), un violoncellista, no século XVIII en Francia, e agora están vivindo nunha elegante casa de Nova York.

Mais John comeza a experimentar o prezo da súa vida eterna, envellecer de repente. Vai ver á Doutora Sarah Roberts (Sarandon), especialista en enfermidades da vellez, mais esta deixarao agardando na sala de espera, onde nun par de horas, John envelleceu dúas décadas. Irase de alí anoxado, e a doutora quedarase coa súa cara.

John matará un par de persoas, pero non lle producirá ningún efecto. Na casa Miriam meterao nun caixón e deixarao no faiado, ao lado doutros, que tamén seguen "vivos".

Ao outro día, Sarah foi preguntar como estaba John na súa casa e atópase con Miriam, que lle di que está en Suíza. Manteñen unha conversa entre música e grolos de sherry e acábanse deitando xuntas. Na cama bébense o sangue unha a outra, iniciando así a transformación de Sarah,

Sarah de volta a casa do seu mozo Tom (Cliff DeYoung) empeza a sentirse estraña. Atópase moi desconcertada polos feitos e rara fisicamente, cunha ansia que non dá entendido. Sarah volve á casa de Miriam e pídelle explicación.

Miriam tratará de amosarlle a Sarah as necesidades da súa nova vida, mais Sarah ten reparos en vivir do sangue humano. Sarah atópase mal polo seu cambio físico, e Miriam terá que metela na cama. Logo chegará Tom preocupado buscando a Sarah e alí a encontrará, famenta, que o matará e beberá o seu sangue.

Unha vez saciada, Sarah baixará para encontrarse con Miriam, contenta de vela, de que se arrexunte con ela, pensando que se lle pasaron os reparos que tiña no principio. Mentres se dan un bico agarimoso, Sarah cóllelle a pequena coitela con forma de símbolo exipcio que Miriam ten no pescozo e crávase a si mesma como intento de suicidio, mais acontecerá algo imprevisible. Dalgún xeito Sarah tomará o poder de Miriam e Miriam pasará a converterse nun cadáver vivente como lle pasara aos seus ex amantes, e os cadáveres que tiña gardados reduciranse a po.

Na escena final vemos a Sarah nun balcón dun apartamento en Londres, acompañada dun rapaz e dunha rapaza. Tamén oímos dende un ataúde berrar a Miriam o nome de Sarah.

  1. The Hunger Arquivado 31 de marzo de 2012 en Wayback Machine., por Roger Ebert - Chicago Sun Times, 3 de maio, 1983 (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]