close
Saltar ao contido

Unidade 731

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Unidade 731
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Caracterizado por
Características
 Rama militar
Implicados
 Comandado por
Masaji Kitano (1942 - 1945)
Shirō Ishii Editar o valor en Wikidata
 Fundador/a
Kempeitai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Matriz
Unit 659 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Afiliación
Datas
 Fundación / creación
1936 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1945 Editar o valor en Wikidata
Historia
1939Guerra bacteriológica de Nomonhan (pt) Traducir
1940Guerra bacteriológica em Zhejiang (pt) Traducir
1940Kaimingjie germ weapon attack (en) Traducir
1941Ataques químicos e biológicos de Changde (pt) Traducir
1948American cover-up of Japanese war crimes: immunity from prosecution (en) Traducir
1949Julgamentos de crimes de guerra de Khabarovsk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Conflito
Cifras e dimensións
Mortes3.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF131371456 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01fffq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A Unidade 731 (en xaponés: 731部隊; Nana-san-ichi Butai) tamén coñecido como Destacamento Manshu 731, Destacamento Kamo[1] ou Unidade Ishii,[2] foi un programa encuberto de investigación e desenvolvemento de armas biolóxicas do Exército Imperial Xaponés, que levou a cabo letais experimentos médicos sobre humanos vivos durante a segunda guerra sino-xaponesa (1937-1945) no marco da segunda guerra mundial.[3] Estímase que asasinaron entre 200.000 e 300.000 persoas. Foi responsábel dalgúns dos máis horribles crimes de guerra cometidos na época moderna. Oficialmente coñecido polo Exército Imperial do Imperio do Xapón como o Laboratorio de Investigación e Prevención Epidémica do Ministerio Político Kempeitai, foi inicialmente instaurado como unha sección política e ideolóxica da policía militar Kenpeitai, coa intención de contrarrestar a influencia político-ideolóxica dos inimigos e reforzar o sistema de unidade militar.

A unidade foi camuflada como un módulo de purificación de auga situado no distrito de Pingfang, ao nordeste da cidade chinesa de Harbin, parte do goberno monicreque de Manchukuo. Operou a través da propaganda política xaponesa e como un emblema ideolóxico da póla política do exército chamada Kōdōha (Partido Bélico). Na primeira fase, esta sección actuou en contra da propaganda comunista, mais extendeu as súas responsabilidades noutras direccións, tanto no Xapón coma no estranxeiro.

  1. Materials on the Trial of Former Servicemen of the Japanese Army Charged With Manufacturing and Employing Bacteriological Weapons. Foreign Languages Publishing House. 1950.
  2. "CIA Special Collection ISHII, SHIRO_0005" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2020-08-09. Consultado o 2019-09-18.
  3. "Image of China: Japanese staff conducting an experiment at Unit 731 in". www.bridgemanimages.com (en inglés). Consultado o 2023-09-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]