close
Saltar ao contido

Vicuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vicugna vicugna»)
Vicuña
Vicugna vicugna
Juan Ignacio Molina 1782 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   V. vicugna (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Caracterizado por
 Fonte de
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaCamelidae
XéneroVicugna
EspecieVicugna vicugna Editar o valor en Wikidata
(Molina, 1782) Vicugna vicugna Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración máxima da vida
   31,6 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   340 d Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02rbvf Editar o valor en Wikidata
ITIS625031 Editar o valor en Wikidata
OTT986959 Editar o valor en Wikidata
UICN22956 Editar o valor en Wikidata
CoL5BD74 Editar o valor en Wikidata
EOL309016 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A vicuña[1], (Vicugna vicugna) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos camélidos e do grupo dos camélidos suramericanos que mora no altiplano andino, entre os 3 000 aos 4 600 metros por riba do nivel do mar, no noroeste da Arxentina, o oeste de Bolivia, o nordés de Chile, sectores dos Andes do Ecuador, e nas alturas andinas do Perú, país que posúe a principal poboación da especie. Especificamente pace na puna, unha estepa elevada, desértica e desprovida de árbores, localizada por riba das zonas cultivadas.

A alpaca é unha especie domesticada que deriva da vicuña, con achegas xenéticas menores da llama.[2] É o animal que posúe o menor tamaño dentre os camélidos andinos, chegando, no máximo, a 1,30 metros de altura e podendo pesar até 40 kg. A súa pelaxe é moi fina e ten alto valor comercial; por ese motivo, a vicuña estivo a piques da extinción por mor dos cazadores ilegais. A poboación de vicuñas, que chegou a ter apenas 25 000 exemplares, chega actualmente case a 170 000 (aproximadamente 100 000 viven no Perú) e o número vén crecendo nunha media do 8% por ano.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A verba galega vicuña (en portugués: vicunha) provén do quechua huik'uña, a través do español americano vicuña[3].

Descrición

[editar | editar a fonte]

A vicuña está ben adaptada á vida nese ambiente inhóspito. A súa pelaxe está constituída da la da mellor calidade, que é moi valorada e utilizada polo ser humano desde a era precolombiana. Esta la protéxea do extremo frío e dos fortes ventos da puna e serve como un acolchamento para o corpo cando descansa no chan. En comparación cos camelos do vello mundo, a vicuña posúe cascos máis profundamente bipartidos, permitindo que camiñe e corra con máis xeito nas abas rochosas, penedos e pedras soltas, comúns na puna (Koford, 1957). Outra importante adaptación son os dentes semellantes aos de roedores, que crecen acotío e permiten que a vicuña se alimente de pequenos arbustos herbáceos e gramíneas perennes a rentes do chan. A vicuña é o único ungulado que posúe incisivos de raíz aberta e crecemento continuo. A vicuña é un dos catro representantes vivos da familia dos camelos que atopamos en América do Sur, sendo os outros tres o guanaco (Lama guanicoe), a llama (Lama glama) e a alpaca (Vicugna pacos). A vicuña e o guanaco son especies salvaxes, mentres que a llama e a alpaca son domesticadas.[4]

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Wheeler, J.; Kadwell, M., Fernández, M., Stanley, H. F., Baldi, R., Rosadio, R. & Bruford, M.W. (2001). "Genetic analysis reveals the wild ancestors of the llama and the alpaca". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 268 (1485): 2575–2584. doi:10.1098/rspb.2001.1774. Artigo completo, Resumo.
  3. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.1 774
  4. Ecoloxía e Manexo da Vicuña

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sahley C.., Torres J., Sánchez J., Cruz A., Umasi M. e Márquez A. 2004. Gestión Ambiental de la vicuña. Arequipa, Perú.
  • Cruz, A. e Sánchez, M. 2010. La vicuña peruana.
  • Cruz, A. 2005. Plan de manejo Multicomunal Picotani. Puno, Perú.
  • Vilá, B.L. 2000. *Comportamiento y organización social de la vicuña.* pax. 175-192. En: Manejo Sustentable de la Vicuña. Ed. por Gonzales B., Bas F., Tala C., & Iriarte A. Servicio Agrícola ganadero. Pontificia Universidad Católica de Chile, FIA. SAG. Santiago, Chile. ISBN 956-7987-00-9. pag e ISBN

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]