Hai varias formas de conseguir WordPress. A máis fácil é a través dun provedor de aloxamento , pero algunhas veces os expertos prefiren descargalo e instalalo eles mesmos.
De todos os xeitos, podes usar o teu WordPress mediante unha navegador web e con as nosas aplicacións móbiles. .
Hosting WordPress
Escoller un provedor de hosting pode ser difícil, por iso seleccionamos algúns dos mellores para que teñas por onde empezar.
SiteGround ofrece rendemento web e soporte de alta gama á marxe das túas habilidades técnicas. Únete a millóns de clientes satisfeitos usando o seus servizos WordPress para conseguir a axuda que precisas ao prezo que che gusta.
Visita Siteground
WordPress.com é o xeito máis sinxelo de crear unha páxina web ou blog gratis. É unha potente plataforma de hosting que medra canda ti. Ofrecémosche soporte nivel experto para o teu sitio WordPress.
Visita WordPress.com
Ver todos os hostings que recomendamos
Non ten prezo e ao tempo é gratis
Descarga WordPress e emprégao no teu sitio.
Instalacion
Coa nosa famosa instalación de 5 minutos, poñer a andar WordPress por primeira vez é sinxelo. Aquí tes unha guía moi útil para axudarche durante todo o proceso de instalación.
Notificacións de lanzamentos
Queres que te avisemos cando se publiquen novas versións de WordPress? Únete á lista de correo de anuncios de WordPress e mandarémosche unha mensaxe cada vez que haxa unha nova versión estable.
Requirimentos
Recomendamos que os servidores executen a versión 7.4 ou superior de PHP e MySQL versión 5.7 OU MariaDB version 10.3 ou superior.
Tamén che recomendamos ou Apache ou Nginx como as opcións máis robustas sobre as que montar WordPress, pero ningún deles é obrigatorio.