Aix-en-Provence
| Alcume | Florence provençale | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Provenza-Alpes-Costa Azul | ||||
| Departamento | Bocas de Ródano | ||||
| Distrito | arrondissement of Aix-en-Provence (en) | ||||
| Cantón | canton of Aix-en-Provence-Nord-Est (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 149.695 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921586 Q3551061 | ||||
| Superficie | 186,08 km² | ||||
| Bañado por | Arc (en) | ||||
| Altitude | 173 m-73 m-501 m-246 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Aix-en-Provence (en) | Maryse Joissains-Masini (2014–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 13080, 13090, 13100, 13290 e 13540 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Granada (1978–) | ||||
| Sitio web | aixenprovence.fr | ||||
Aix-en Provence, en occitano Ais de Provença ou Ais de Prouvènço en grafía mistralenca, é unha comuna do departamento de Bocas do Ródano, da rexión Provence-Alpes-Côte d'Azur, Francia. En 2010 tiña 141.438 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Aix (Aquae Sextiae) foi fundada no 123 a.C. polo cónsul romano Sextius Calvinus sobre unha antiga localidade celta. No ano 102 a.C. nos seus arredores librouse a batalla de Aquae Sextae, cando os romanos dirixidos por Gaius Marius venceron aos Cimbros e Teutóns,. No ano 477 a cidade foi ocupada polos visigodos, durante o século VI foi capturada polos francos e longobardos e no 731 pasou a mans dos árabes.
Durante a Idade Media, Aix, foi a capital do condado da Provenza. No século XII acada o seu cénit como centro artístico e cultural.
No ano 1487 pasou co resto da Provenza á coroa francesa. Lois XII estableceu aquí o Parlamento da Provenza que existiu ata 1789.
Na cidade naceron Eleanor da Provenza, muller de Henrique III de Inglaterra e Paul Cezanne.
Administración
[editar | editar a fonte]A súa alcaldesa (2014) é Maryse Joissains-Masini, da Unión por un Movemento Popular[1].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Catedral de Saint-Saveur (Saint Sauvari) construída entre os séculos V e XVII en numerosos estilos arquitectónicos, destaca a portada en estilo gótico; a plante ten tres naves en estilos diferentes: románico, gótico e barroco.
- Igrexa de Saint-Jean-de-Malto, século XIII
- Casa do Concello, século XVII
- A cidade é coñecida como a cidade das mil fontes, e entre elas destaca a Fontaine des Quatre Dauphins (1667)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aix-en-Provence |
