Asha Bhosle
Asha Bhosle nada co nome Mangeshkar en Goar o 8 de setembro de 1933 e finada en Mumbai o 12 de abril de 2026,[1] foi unha cantante e empresaria india. Era coñecida polos seus cantos en películas hindi, maiormente dobrando outras actrices que non podían cantar tan ben.[2][3] Asha tamén era actriz de voz; a súa carreira comezou en 1943. Era irmá da cantante de playback Lata Mangeshkar.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2011, foi honrada polo Libro Guinness dos Récords como a artista máis gravada da historia da música, bastante por diante (a pesar da controversia) do cantante de playback Mohammed Rafi[4].
Entre outros, foi honrada con varios Premios Filmfare, cos Premios Nacionais da India en 1981 e 1986, co Nightingale Of Asia, cos premios Screen Videocon, MTV e Channel V en 1997 (polo álbum Jaanam Samjha Karo), en 1998 Premio Dayawati Modi coa colaboración da UNESCO, en 1999 o Premio Lata Mangeshkar, o premio Dadasaheb Phalke e Cantante do Milenio (en Dubai) en 2000, e co Padma Vibhushan en 2008, premio Freddie Mercury e en 2005 premio ás persoas máis elegantes da música[5]
Doutora honoris causa nas universidades de Amravati e Jalgaon.
O grupo Cornershop acadou o nº1 nas listas do Reino Unido coa canción Brimful of Asha, co remix de Norman Cook en 1997[6][7].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Asha viviu en Bombai e tivo tres fillos e 5 netos. O máis vello, Hemant Bhosle (máis tarde Hemant Kumar), abandonou rapidamente a súa carreira musical para converterse en piloto. A filla máis vella, Varsha, é columnista de The Sunday Observer e Rediff e o pequeno Anand Bhosle, estudou cinematografía e economía. O seu neto Chaitanya (Chintu) Bhosle (fillo de Hemant) tamén se adentrou no mundo da música co grupo Band of Boys.
As súas irmás Lata e Usha Mangeshkar tamén fan sincronizacións de beizos para películas e a súa irmá Meena Mangeshkar e o seu irmán Hridayanath Mangeshkar son directores musicais. Asha tamén é cociñeira e posúe o 20% dun restaurante en Dubai, Asha's, que serve cociña tradicional india. Ela encárgase da cociña e da decoración e ofrece un curso de seis meses a cociñeiros.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Farzeen, Sana (2026-04-12). "Asha Bhosle, playback icon, dies at 92 in Mumbai". India Today (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Encyclopaedia of Hindi Cinema: An Enchanting Close-Up of India's Hindi Cinema (Britannica) (English and Hindi Edition)". www.books-by-isbn.com. Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "Shankar Ghosh - Globalwikionline.com". globalwikionline.com. Consultado o 2022-07-01.[Ligazón morta]
- ↑ "specials; Movies; How fair were they to Mohammed Rafi?". rediff.com (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2022.
- ↑ "Lycra® MTV Style Awards 2006". web.archive.org. 2007-04-03. Archived from the original on 03 de abril de 2007. Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "Cornershop - Brimful Of Asha, Norman Cook Mix (Tjinder Singh) Official Music Video". Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "Cornershop". www.users.globalnet.co.uk. Consultado o 2022-07-01.
- ↑ "menumagazine: News, views, reviews, multi-ethnic food & drink information: page 2 - Yet Another 'First' National Chain Planned - Asha Bhosle - December 2004". web.archive.org. 2005-10-23. Archived from the original on 23 de outubro de 2005. Consultado o 2022-07-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asha Bhosle |