Mou gaan dou
| Mou gaan dou | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Mou gaan dou (en chinés: 無間道) é un filme de Hong Kong de 2002 dirixido por Andrew Lau e Alan Mak. Foi escrito conxuntamente entre Mak e Felix Chong, e está protagonizado por Andy Lau, Tony Leung, Anthony Wong, Eric Tsang, Sammi Cheng e Kelly Chen. Conta a historia dun oficial de policía encuberto de Hong Kong que se infiltra nunha organización criminal, e dun policía que serve de espía para a organización. É o primeiro filme da serie Mou gaan dou, seguida por Mou gaan dou II e Mou gaan dou III.
O filme estreouse o 3 de agosto de 2001. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 76ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Miramax Films adquiriu os dereitos de distribución nos Estados Unidos e estreouno nos cinemas do país en 2004. Martin Scorsese fixo un remake en 2006 titulado Infiltrados, o cal gañou o Óscar ó mellor filme así como o Óscar ó mellor guión adaptado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Andy Lau como Inspector Lau Kin-ming
- Edison Chen como Lau Kin-ming de mozo
- Tony Leung como Chan Wing-yan
- Shawn Yue como Chan Wing-yan de mozo
- Anthony Wong como Superintendente Wong Chi-shing
- Eric Tsang como Hon Sam
- Chapman To como "Silly" Keung
- Gordon Lam como Inspector B
- Sammi Cheng como Mary
- Kelly Chen como Lee Sum-yee
- Berg Ng como Inspector Cheung
- Wan Chi-keung como oficial Leung
- Dion Lam como Del Piero
- Elva Hsiao como May
- Hui Kam-Fung como Yip