close
Saltar ao contido

Teo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teo
 Nome oficial
   Teo (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
18.968 (2025)
17.942 (2013)
18.454 (2012)
18.266 (2011)
17.940 (2010)
17.807 (2009)
17.625 (2008)
17.441 (2007)
17.168 (2006)
16.809 (2005)
16.428 (2004)
16.028 (2003)
15.331 (2002)
14.894 (2001)
18.254 (2014)
18.505 (2015)
18.510 (2016)
18.478 (2017)
18.525 (2018)
18.579 (2019)
18.632 (2020)
18.778 (2021)
18.918 (2022)
19.034 (2023)
19.045 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   9.452 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   9.127 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   79,65 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   79,65 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal15883 Editar o valor en Wikidata
Código INE15082 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343887 Editar o valor en Wikidata
VIAF47145602519701361836 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z4r1g Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ConcellodeTeo Twitter: concellodeteo Instagram: teo_concello Youtube: UCVQ8wAom7YstSvJ3GPuoY8A Enciclopedia Galega Universal: 191454 BNE: XX457896 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2022 tiña 18.918 habitantes.(17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.

A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara ao val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.

Orografía

[editar | editar a fonte]

As terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.

A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 °C, descendendo até os 7 e os 9 °C nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 18.254 (2014)
Menores de 15 anos 2.815 (15.42%)
Entre 15 e 64 anos 12.418 (68.02%)
Maiores de 65 anos 3.021 (16.55%)
Evolución da poboación de Teo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
7.036 7.998 9.242 11.071 16.428 17.807 18.266 18.454 17.942 18.254 18.505 18.510
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Dise que no castro Lupario ou de Francos estaba situado o castelo da Raíña Lupa, lugar ó que acoden os discípulos de Santiago, solicitando permiso para darlle sepultura.

No ano 967, unha grande expedición normanda comandada por Gunrod, formada por máis de cen navíos e con guías do país, ataca a ria de Arousa. Sisnando, o bispo que fortificará Compostela, failles fronte en Rarís. Sisnando morre na batalla.

No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Baamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.[1]

A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.

Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.

O 23 de abril de 1846, o coronel Miguel Solís, logo de proclama-la Xunta de Galicia, librará batalla nos campos de Cacheiras contra o xeneral De la Concha, enviado polo goberno de Madrid para afoga-la revolta. O resultado será a derrota dos liberais e o fusilamento dos oficiais en Carral.[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

"Teo" atópase escrito na documentación da Idade Media como Sancta Maria de Talegio e como Santa Maria de Teeio. Partindo disto Edelmiro Bascuas considera que estamos ante un hidrotopónimo procedente dunha raíz indoeuropea *tala‑, co significado de "fluír" (a mesma que Tui, mediante < *ta+la‑); Isidoro Millán relaciónao co río Tea, partindo tamén dunha raíz hidronímica *tekw‑, co mesmo significado de "fluír"; mentres que Joseph Piel cre que se trata dun nome de posesor de orixe xermánica *Teodone, isto é, o propietario das terras.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Baamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Os Tilos (San Francisco de Asís) | Vilariño (San Tomé)

Lugares de Teo

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.

  1. López Carreira (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."
  2. Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.